José María Leal Bóveda
Licenciado en Xeografía pola Universidade de Oviedo, cun máster en Xestión de Patrimonio Cultural, foi durante vinte anos profesor de Ciencias Sociais en Ensino Medio. Posteriormente foi Profesor-Titor e Profesor de Extensión Universitaria da UNED en Pontevedra. Ao longo de todos estes anos desenvolveu unha ampla actividade investigadora no eido do patrimonio cultural, que deu lugar a numerosas publicacións. Foi membro de ICOMOS e na actualidade é membro do Consello de redacción da revista “Cuadrante”.
Nos últimos anos está a realizar a súa tese de doutoramento no programa Desenvolvemento Rexional e Integración Económica dirixido polo profesor Carmona, da que tamén publicou xa varios avances.
Más miembros de GESPIC