Licenciado en Economía. Obtivo o título de Doutor no ano 2015 pola Universidade de Vigo. Tras formar parte da Universidade de Vigo e da Universidade de Oviedo exerce, desde o ano 2023, como profesor axudante doutor na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación relaciónanse co mundo rural e coa historia agraria. Entre os ámbitos de pesquisa destacan a análise histórica das industriais rurais, en especial das vinculadas coa actividade apícola, o estudo das propiedades comunitarias e da acción colectiva no manexo dos recursos naturais e a análise dos impactos derivados das enerxías renovábeis no mundo rural.

Conta cunha ampla produción científica, onde destacan os 13 artigos inseridos dentro do JCR. Publicou diversos libros e capítulos de libro e ten artigos noutras bases de dados. Tamén ten obtido varios premios polos seus traballos de investigación.

Ten participado en proxectos de investigación de carácter público e privado, de ámbito nacional, estatal e internacional, abordando cuestións relacionadas coas enerxías renovables, o ámbito agroalimentario e as propiedades comunitarias