Adrián Dios Vicente

Adrián Dios Vicente é investigador e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o seu Doutoramento coa Tese titulada “Historia de Unión Fenosa 1982 – 2008. Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador”, pola cal recibiu o premio Valentín Paz Andrade á contribución do mellor coñecemento da evolución económica e social de Galiza. Coautor do libro “Mortalidade empresarial en Galiza, 1972 – 2008. Factores de impacto e Xestión do risco”. Ten publicado diversos artigos en liñas de investigación como a internacionalización empresarial e a evolución do sector enerxético, participando tamén de diversas actividades para a transferencia do coñecemento.

Descargar CV

Equipo de GESPIC