María del Carmen Espido Bello

Doutora en Ciencias Económicas (1995) e Profesora Titular de Historia e Institucións Económicas dende 2001. As súas principais liñas de investigación están vinculadas ao estudo da Historia das Relacións Económicas Internacionais ao longo dos séculos XIX e XX, especialmente ás relacións económicas entre España e Portugal, liña na que se enmarca a tese de doutoramento titulada “As relación económicas hispano-portuguesas, 1850-1920”, e á producción e o comercio internacional de produtos pesqueiros. Nestas liñas dirixiu varios traballos de fin de grao e fin de máster, así como, conxuntamente con Jesús Giráldez, a teses de doutoramento realizada por Luís Cunha Ferreira e titulada “As relações económicas de Portugal com as suas colónias africanas: 1890-1975”, defendida na USC en 2018.

Foi membro do equipo editor da revista Investigaciones de Historia Económica e actualmente forma parte do consello de redacción da Revista Galega de Economía e do equipo editor dos Documentos de Traballo (DT-AEHE) publicados pola Asociación Española de Historia Económica. Dende 2018, é tamén membro do Consello da AEHE.

Realizou 4 estadías curtas de investigación no estranxeiro (Reino Unido e Portugal) e participou activamente na organización de eventos científicos relacionados coa economía e a historia económica. Foi miembro do comité organizador do Congreso Pesca e Historia (Xuntanza internacional de Historia Económica e Social do Sector Pesqueiro), (decembro 1999), do VIII Congreso de la Asociación Española de Historia Económica (setembro 2005), do XI Encuentro de Didáctica de la Historia Económica (xuño 2014) e do II Congreso Internacional: Transicións na agricultura e a sociedade rural. Os desafíos globais da Historia Rural (xuño 2018).

Descarga CV

Más miembros de GESPIC