Xoán Carmona Badía

Catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago desde 1990. O seu traballo de investigación centrouse inicialmente na historia marítima e industrial, ampliándoo logo á historia empresarial e ao patrimonio industrial. De entre os seus libros pódese salientar El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia (2005), no que partillou autoría co seu mestre, o Dr. Nadal Oller. Coordinou tres volumes de historia empresarial nos que participou boa parte de GESPIC, e que constitúen unha interesante mostra do traballo do grupo, baixo o título de Empresarios de Galicia (2 volumes do 2006 e 2009) e Las familias de la conserva (2011). O seu último libro é Grupo Davila. Cien años de liderazgo en el sector marítimo. Preocupado pola necesidade de que o noso traballo choute os muros das nosas facultades e acade no posible aos protagonistas da nosa historia económica e empresarial, desenvolveu diversas tarefas de divulgación e transferencia, colaborando con empresas, institucións e colectivos en iniciativas moi diversas, tal como se pode ver noutros apartados da web.

Más miembros de GESPIC