Claudio Otero Eiriz
No ámbito laboral, traballa como funcionario da Xunta da Galicia, na que gañou a oposición do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, Subgrupo A1. Ten a Licenciatura en Dereito pola USC e o Grao en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas pola UNED, conformando, xunto con outros mestrados e cursos, unha formación de tipo xurídico.
No ámbito da investigación, é Doutor en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica pola USC cunha tese titulada A industria dos coiros en Galicia. Historia e Patrimonio. Precisamente, é este tema, da historia e do patrimonio industrial dos curtumes galegos, o principal das súas investigacións. Ten publicados os seguintes libros: A Chantada fabril. Os curtidos do Asma na Idade Contemporánea (2015), As fábricas de curtumes de Alfoz. Historia e Patrimonio (2018) e A industria galega dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro (2020). Gaña dúas veces o certame de investigación Condado de Pallares. Na actualidade é membro do tribunal do único premio de patrimonio industrial que hai en Galicia, convocado por Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial.
Equipo de GESPIC