Carlos de Francisco Mantiñán
Carlos de Francisco graduouse en Economía na Universidade da Coruña (UDC) e en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Despois completou a súa formación cun Mestrado en Historia Contemporánea na USC. Actualmente está a preparar a súa tese de doutoramento en Historia Económica orientado por Xoán Carmona Badía e María del Carmen Espido Bello. A tese céntrase nas reformas económicas das dúas ditaduras ibéricas, franquismo (España) e Estado Novo (Portugal), particularmente nos plans de desenvolvemento económico aplicados por ambos os réximes, isto é, os Planes de Desarrollo en España e os Planos de Fomento en Portugal. Por outro lado, el estudou durante varios anos no conservatorio, na especialidade de piano, e obtivo o grao profesional neste instrumento.
Equipo de GESPIC