José María Leal Bóveda

Luisa María Muñoz Abeledo é doutora en Historia Económica pola Universidade Autónoma de Barcelona (2003) e profesora titular no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigadora  visitante en varias universidades foráneas (British Columbia University-Canadá, Center for the History of Business, Technology and Society- Estados Unidos, Universidade de Porto-Portugal, Centre de Recherches en Histoire Internationale et Atlantique (CRHIA). É IP do proxecto A ESTRUTURA DA OCUPACION E DO INGRESO NO LONGO PRAZO. REDEFININDO A MODERNIZACION ECONOMICA E OS NIVEIS DE VIDA EN GALICIA, 1750-1975 (HAR2017-85601-C2-2-P)
Na súa investigación mais recente calculou a taxa de actividade feminina na Galicia urbana e rural nos séculos XIX e XX, analizando os condicionantes de oferta e demanda na participación laboral das mulleres. Tamén estudou os niveis de vida do litoral da rexión mediante a reconstrución de orzamentos familiares. Na actualidade reconstrúe a estrutura da ocupación en Galicia entre 1870 e 1930. Partindo desta liña de investigación, interésalle visibilizar ás mulleres que se dedicaron ao comercio e a outros negocios nas principais vilas galegas, especialmente aquelas que dirixiron empresas marítimas.

Download Resume

Más miembros de GESPIC