Pedro Varela Vázquez
Licenciado en Economía (2010; Premio Nacional de Excelencia Académica) e Doutor en Desenvolvemento Económico e Innovación (2016; Premio Extraordinario de Doutoramento e Mención Internacional) pola USC. Bolseiro FPU do Ministerio de Educación e predoctoral da Xunta de Galicia.
As súas liñas de investigación céntranse na historia empresarial, nas políticas de innovación, así como nos modelos de estimación do impacto económico das enerxías renovables e nas políticas de desenvolvemento sectorial.
É membro do Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio.
Coordinou e participou en proxectos de investigación de carácter público e privado, que abordan principalmente o fomento das enerxías renovables (eólica terrestre e mariña) e os efectos das políticas de innovación rexionais, nacionais e europeas.
Realizou estancias en centros estranxeiros de recoñecido prestixio no seu ámbito de estudo, como a Aalborg University (Dinamarca).
Desde o ano 2019 exerce como Profesor Axudante Doutor na área de Historia e Institucións Económicas (Dpto. Economía Aplicada) da USC. Actualmente, imparte docencia de Historia Económica Mundial.
Más miembros de GESPIC