Os membros do GESPIC, Jesús Giráldez Rivero e Pedro Varela Vázquez, acaban de ver publicado o seu último traballo na prestixiosa revista Industrial History Review-Revista de Historia Industrial. O artigo titulado The role of economic policy and foreign investment: product innovation in the Spanish metalgraphic industry (1959-1975), analiza o papel desempeñado pola política económica e o investimento estranxeiro directo na adopción e difusión da innovación da goma líquida na industria metalgráfica. Este input foi clave para automatizar o proceso de fabricación, así como para asegurar unha mellor estanqueidad no peche dos envases.
Os autores sinalan no seu artigo como esta innovación de produto revolucionou o sector e permitiu a empresas locais, non só imitar dita innovación, senón tamén integrarse nas cadeas de valor europeas deste sector, así como colaborar e competir cos principais axentes.
O artigo completo pódese consultar na seguinte ligazón: https://doi.org/10.1344/rhiihr.39163