Jesús Giráldez e Pedro Varela publican un novo artigo na Revista de Historia Industrial-Industrial History Review sobre a innovación da goma líquida e as súas implicacións na modernización da industria metalgráfica

Os membros do GESPIC, Jesús Giráldez Rivero e Pedro Varela Vázquez, acaban de ver publicado o seu último traballo na prestixiosa revista Industrial History Review-Revista de Historia Industrial. O artigo titulado The role of economic policy and foreign investment: product innovation in the Spanish metalgraphic industry (1959-1975), analiza o papel desempeñado pola política económica e o investimento…

O Congreso Internacional “Contemporáneas: políticas, traballadoras e construtoras de sociedade celebrarase os días 20-21 de outubro na USC

Os días 20 e 21 de outubro de 2022 a Cátedra Juana de Vega de estudos de xénero e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela organizan un Congreso Internacional que ten como título: Contemporáneas: políticas, traballadoras e construtoras de sociedade    Este congreso terá lugar no salón de graos da Facultade…

O comércio entre Portugal e a Inglaterra: 1890-1960. Unha nova tese de doutoramento defendida no GESPIC

A doutora María Paula de Serpa Castelo Branco defendeu a súa tese de doutoramento titulada O comércio entre Portugal e a Inglaterra: 1890-1960 no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2022. A tese de doutoramento defendida ante o tribunal constituído polas profesoras…

GESPIC participa no curso de verán “Historia da Galicia marítima. Expansión económica, crise e conflitividade social”

Os investigadores de GESPIC Xoán Carmona, Luisa Muñoz, Jesús Giráldez e Pedro Varela participaron recentemente no curso de verán da USC titulado Historia da Galicia marítima. Expansión económica, crise e conflitividade social; organizado polo profesor Isidro Dubert, catedrático de historia moderna na institución santiaguesa. Durante os días 11, 12 e 13 de xullo, diversos investigadores…

A profesora Luisa Muñoz Abeledo participa no congreso “Mermaids, (en)gendering maritime labour and business histories”

Entre o  9 e o 11 de febreiro terá lugar o congreso online “Mermaids, (en)gendering maritime labour and business histories“, no que participa Luisa Muñoz Abeledo, membro do grupo GESPIC : Luisa Muñoz Abeledo “Gender and Labour Markets in Maritime Industries: a Century of Labour History in Spanish Fish Canning Sector”. O congreso será retransmitido vía Zoom…