Dende o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), a través do seu Comité de Igualdade e Diversidade, convidaron á proxección do documental “Un mar de mulleres”, que tivo lugar o mércores 10 de xuño.
Tras a exhibición, celebrouse unha rolda de preguntas e diálogo aberto arredor do papel das mulleres no ámbito mariño e científico na que participaron a directora do documetal Sabela Brand e a directora da Cátedra Juana de Vega que produciu o documental grazas ao financiamento da Fundación Juana de Vega







