A Univesidade de Santiago de Compostela otorgou os premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación universitaria o mércores 27 de outobro de 2021 no salón nobre do Colexio de Fonseca. Estes premios teñen como finalidade a visibilización dos esforzos do persoal docente-investigador en valorizar as iniciativas referidas á igualdade de xénero na contorna universitaria.
O traballo de Pedro Varela, titulado Experiencias da inclusión da perspectiva de xénero na docencia dunha materia universitaria de historia económica mundial, recolle unha serie de actuacións de diversa natureza que trata de abordar a cuestión da desigualdade por cuestións de xénero dende unha perspectiva histórica. Neste sentido, cómpre destacar as referidas aos contidos específicos, dinámicas de aula e os recursos didácticos implementadas no curso académico 2019-2020. Deste modo, o autor resalta que é necesario non só incluir ás mulleres como obxecto de estudo da materia, senón tamén en analizar as relacións de desigualdade e subordinación con perspectiva histórica. Así mesmo, un mesmo mecanismo de transformación económica (institucional, tecnolóxico, etc.) pode presentar efectos desiguais en intensidade e sentido, dependendo dos diferentes puntos de partida, así como das relacións formais e informais establecidas a nivel institucional.