Damián Copena participa nas actividades de Outono en Babia (León)

O membro de GESPIC Damián Copena estivo recentemente en Babia (León) participando nas actividades do Outono en Babia. Concretamente, participou na mesa redonda “El futuro de la apicultura: manifestación patrimonial y actividad productiva sostenible”. A actividade estivo organizada pola asociación “Estás en Babia” xunto co proxecto Cultur-Monts do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.…

Actividade formativa do Grupo de Innovación Docente en Historia Económica

O pasado 26 de xuño de 2026 tivo lugar unha actividade formativa do Grupo de Innovación Docente en Historia Económica. Esta consistiu nunha visita para coñecer e aprender sobre o patrimonio industrial apícola cereiro nas áreas rurais. Deste xeito, profesorado da área de Historia e Institucións Económicas (HIE) da USC desprazámonos ata o concello de…

Damián Copena participa nas Xornadas Internacionais da XXXVIII Feira Apícola Rías Baixas

O membro de GESPIC Damián Copena ten participado recentemente nas Xornadas Internacionais da XXXVIII Feira Apícola Rías Baixas coa ponencia “O patrimonio industrial apícola cereiro no noroeste da Península Ibérica”. No evento, organizado pola Agrupación Apícola de Galicia e o concello do Porriño, o investigador e docente da USC realizou un achegamento á importancia histórica…

Unha investigación participada por GESPIC analiza o patrimonio da industria apícola cereira no noroeste peninsular

O traballo publicado na revista ERPH no que participa Damián Copena céntrase no estudo dos lagares de cera de prensa de viga O aproveitamento da cera de abella foi unha actividade historicamente relevante nas áreas rurais. Debido a isto, consérvanse na actualidade diversos restos patrimoniais vinculados co prensado deste produto das abellas entre os que…

GESPIC participa no XII Simpósio Ibérico sobre o río Minho cun estudo sobre a historia do conflito do proxecto de celulosa no Condado

O membro de GESPIC Damián Copena ten presentado recentemente no XII Simpósio Ibérico Sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho a comunicación “Comunidade local e defensa do río Miño: un achegamento á historia do conflito contra a celulosa no Condado”. O traballo, realizado en coautoría con Diego Amoedo da Universidade Federal do Oeste do Pará…