Nesta conferencia Luisa Muñoz mostroú a evolución da ocupación laboral dende unha perspectiva de xénero en Galicia en relación á modernización económica da rexión. Na mesma analizouse a o mercado laboral e a evolución no longo prazo da Taxa de actividade masculine e feminina durante o proceso de industrialización litoral (1878-1930). A fonte histórica principal da investigación son os censos nacionais de poboación, pero esta información complétase con outras fontes estatísticas (Reseña Xeográfica Estatística, Anuarios de Pesca), padróns de poboación, matrículas industriais. Esta triangulación de fontes úsase para visibilizar mellor o traballo feminino e corrixir o subrexistro do mesmo na agricultura, a industria de transformación de peixe e o comercio, chegando a taxas de actividade laboral das mulleres que superan o 50%.