A doutora María Paula de Serpa Castelo Branco defendeu a súa tese de doutoramento titulada O comércio entre Portugal e a Inglaterra: 1890-1960 no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2022.
A tese de doutoramento defendida ante o tribunal constituído polas profesoras Cristina Moreira (Universidade de Braga), Elvira Lindoso (Universidade de A Coruña) e Xoán Carmona (USC) abordou as principais dinámicas e trazos do comercio luso con Inglaterra no período comprendido entre 1890 e 1960, a través de fontes primarias relevantes na temática. Neste sentido, destaca a análise e impacto das pautas de exportación e importación na economía portuguesa, así como a influencia bidireccional entre o eido político e o comercio exterior. Así mesmo, resáltase o estudo a longo prazo da evolución de produtos clave para a economía lusa como son os produtos pesqueiros, téxtiles ou derivados do corcho.
A categorización do comercio bilateral en diversos subperiodos temporais nútrese dunha análise rica sobre a competencia comercial crecente que se lle presentaba a Inglaterra en Portugal con Alemania, Estados Unidos ou as colonias portuguesas (fundamentalmente Mozambique e Angola).