Os investigadores de GESPIC Xoán Carmona, Luisa Muñoz, Jesús Giráldez e Pedro Varela participaron recentemente no curso de verán da USC titulado Historia da Galicia marítima. Expansión económica, crise e conflitividade social; organizado polo profesor Isidro Dubert, catedrático de historia moderna na institución santiaguesa. Durante os días 11, 12 e 13 de xullo, diversos investigadores realizaron análises históricos e socioecónomicos da realidade marítima dende a época moderna ata a actualidade.
Pola súa banda, Xoán Carmona realizou unha ponencia sobre os empresarios da primeira industrialización de Galicia. Así mesmo, a profesora Luisa Muñoz analizou o traballo das mulleres na Galicia litoral durante o período comprendido entre 1880 e 1970. Jesús Giráldez presentou os principais trazos e dinámicas da pesca en Galicia no século XX. Finalmente, o profesor Pedro Varela examinou o proceso de auxe e declive da construción naval entre 1959 e 1995.