Durante as Xornadas “Memoria entre mareas”, celebradas nas 6ª Aulas Científicas A Luz da Ciencia, Luisa Muñoz, directora da Cátedra Juana de Vega e profesora titular de de HIstoria e Institucións Económicas da USC, participou co relatorio “Unha ollada ao pasado. O traballo das mulleres nas industrias marítimas de Galicia no XIX e no XX”.
Na súa intervención, puxo o foco na relevancia histórica e social das mulleres no ámbito marítimo galego, visibilizando os seus oficios, contribuíndo a recuperar a súa memoria e abrindo novas perspectivas para a investigación do patrimonio marítimo desde unha mirada de xénero.
A participación tivo unha excelente acollida e contribuíu decisivamente ao diálogo interdisciplinar das xornadas







