O monográfico titulado Presupuestos familiares y niveles de vida en España en la década de 1920 publicado na prestixiosa revista Áreas. Revista Internacional de Ciencias Sociales acaba de saír do prelo. Este número centrado na análises das condicións de vida en España a comezos do século XX foi coordinado polas profesoras Luisa Muñoz Abeledo da USC e membro de GESPIC, así como pola profesora Cristina Borderías da Universitat de Barcelona, e recolle valiosas contribucións sobre esta temática ao longo da xeografía española.
Así mesmo, a profesora e investigadora da institución santiaguesa tamén publicou no mesmo monográfico o artigo titulado Familiy Budgets and Standards of Living in a Port city of Northern Spain: A Coruña, 1924.