A incipiente burguesía industrial olívica defendeu os seus intereses a través da súa participación nas estruturas políticas locais durante a Restauración, que se caracterizaron polos conflitos e tensións cos colectivos máis conservadores. Isto facilitou parcialmente o proceso de industrialización e consolidou a cidade viguesa, sentando as bases para unha simbiose entre os poderes económicos e políticos a nivel local. Estes son os principais resultados da tese de doutoramente de Gonzalo Hernández Soto, dirixidia por Xoán Carmona Badía, ambos do grupo de investigación GESPIC da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Os membros do tribunal constituído o 29 de xullo de 2021 na Facultade de Ciencias Económicas da USC foron a profesora Ana Isabel Sinde Cantorna (Universidade de Vigo), Alfredo Macías Vázquez (Universidade de León) e Jesús Giráldez Rivero (USC). Neste sentido, a tese de doutoramento recibíu a máxima cualificación.