O vindeiro mes de outubro de 2022 a Cátedra Juana de Vega de estudos de xénero e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela organizan un Congreso Internacional que leva por título
Contemporáneas: políticas, traballadoras e construtoras de sociedade.
Este congreso terá lugar os días 21 e 22 de Octubre de 2022 na Facultade de Xeografía e Historia, co motivo de celebrar o 150 aniversario da morte de Juana de Vega, activista e escritora liberal española. O congreso busca, desde unha tripla perspectiva -política,económica e social-, contribuír a mellorar e difundir o coñecemento a respecto das mulleres coetáneas de Juana de Vega, mulleres diversas que foron as súas “contemporáneas” (século XIXe primeiro terzo do XX). O congreso organízase en tres sesións que terán como eixo central asconferencias de dúas reputadas especialistas na temática de historia das mulleres por sesión,pero busca contar con comunicacións que dean visibilidade a mulleres que durante ooitocentos e ata 1936/9, resultaron decisivas nun proceso, aínda hoxe inconcluso, denormalización da súa presencia en todo tipo de contextos sociais, políticos, económicos eculturais.
A organizadora do congreso polo grupo GESPIC é Luisa Muñoz. Tamén colaboran na organización Ana Cabana e Xosé Ramón Veiga do grupo HISTSGRA.
No programa preliminar está a información esencial sobre este congreso podendo dirixirse as consultas aos seguintes correos electrónicos
As propostas de comunicación, de entre 250-300 palabras, xunto coa indicación da mesa e
Sesión á que se dirixe e un breve CV (de 200 palabras) poderanse enviar desde o día delanzamento desta chamada a comunicacións e ata o 29 de abril de 2022 a:
O programa definitivo e a listaxe das comunicacións aceptadas farase público o 6 de maio de2022 e a recepción dos textos terá como data límite o 30 de setembro de 2022.