AVISO LEGAL
FINALIDADE
A finalidade da web é a de presentación e difusión das actividades do grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela denominado Grupo de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio (GESPIC)
USO
A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Non obstante, non poderá efectuar os seguintes actos:
- Os que sexan contrarios a unha explotación normal ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos..
- Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na web.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos da web.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a USC resérvase o dereito a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
DATOS PERSOAIS E PRIVACIDADE
Na uso da web non se recollen datos de carácter persoal polo que non é aplicable a normativa de protección de datos de carácter persoal.
Para calquera dúbida nesta materia pode dirixirse a protecciondatos@usc.es
A política de privacidade da USC figura en
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
OUTROS DEREITOS
Os dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o soporte lóxico subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), corresponden á USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.